O curioso incidente do can a media noite é unha novela que non se parece a ningunha outra. Eloxiada con entusiasmo por autores consagrados como Oliver Sacks e Ian McEwan, mereceu a aprobación masiva dos lectores en todos os países onde se publicou, ademais de galardóns como o Premio Whtibread e o Premio da Commonwealth . O seu protagonista, Christopher Boone, é un dos máis orixinais que xurdiron no panorama da narrativa internacional nos últimos anos, e está destinado a converterse nun heroe literario universal. Aos seus quince anos, Christhoper Boone, coñece as capitais de todos os países do mundo, pode explicar a teoría da relatividade e recitar os números primos ata o 7.507 pero cústalle relacionarse con outros seres humanos. Gústanlle as listas, os esquemas e a verdade, pero odia o amarelo, o marrón e o contacto físico. Se ben nunca foi só máis alá da tenda da esquina, a noite que o can da veciña aparece morto, Christopher decide atopar ao culpable.
.
EL CURIOSO INCIDENTE DEL PERRO A MEDIANOCHE