Un avogado romano vaise ver obrigado a exercer de detective para descubrir quen asasinou á súa nai na Roma do século I a. de C. Neste libro Titus Flaminius coñecerá o mundo refinado das vestales e tamén os sucios e escuros suburbios de Roma. Trazado cun excelente ritmo narrativo no que a información sobre a cultura e a civilización romana non perturban o fío do relato, as sorpresas están aseguradas e o final resulta moi sorprendente.
TITUS FLAMINIUS.
LA FUENTE DE LAS VESTALES
JEAN-FRANCOIS NAHMIAS
Edelvives