Labels

RSS

Durante estes días tedes ao voso dispor un servizo de Autopréstamo especial para Nadal, que consta dun total de máis de 60 libros, todos eles novidades, repartidos coma sempre en narrativa, narrativa xuvenil, ensaio e divulgación, con algunha achega interesante á poesía e a banda deseñada.

Dende o blog Lecturas do Trinque podedes acceder á información e reseñas de cada un destes libros. Se premedes en labels, aparecerán clasificados por categorías.

Este servizo, unido a exposición de Autopréstamo permanente no vestíbulo do centro, posibilitan un acceso directo a unha considerable oferta de posibilidades de lectura para estas festas.

É a nosa pequena contribución para que gozedes dun ben merecido tempo de lecer cheo de bos desexos durante estas datas.

Coma sempre queremos expresar o noso agradecemento porque sodes todos e todas vós, a comunidade educativa do IES Sánchez Cantón, os que facedes que esta sexa unha biblioteca máxica.

 



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Web 2.0 y Educación from xardesvives on Vimeo.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

La fuente de las vestales



Un avogado romano vaise ver obrigado a exercer de detective para descubrir quen asasinou á súa nai na Roma do século I a. de C. Neste libro Titus Flaminius coñecerá o mundo refinado das vestales e tamén os sucios e escuros suburbios de Roma. Trazado cun excelente ritmo narrativo no que a información sobre a cultura e a civilización romana non perturban o fío do relato, as sorpresas están aseguradas e o final resulta moi sorprendente.




TITUS FLAMINIUS.
LA FUENTE DE LAS VESTALES

JEAN-FRANCOIS NAHMIAS
Edelvives

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

La ladrona de libros


Érase unha vez un pobo onde as noites eras longas e a morte contaba a súa propia historia. No pobo vivía unha nena que quería ler, un home que tocaba o acordeón e un novo xudeu que escribía contos fermosos para escapar do horror da guerra. Ao cabo dun tempo, a nena converteuse nunha ladroa que roubaba libros e regalaba palabras.

A pequena Liesel enfróntase á Segunda Guerra Mundial. Arrastra un pasado tormentoso que a perseguirá durante toda a historia. Eses recordos familiares atormentan o seu sono diario. É neses momentos onde se forxa a súa grande amizade co seu novo pai. É nesas horas onde aprenderá a ler e a gozar coas palabras
.
.
LA LADRONA DE LIBROS
ZUSAK, MARKUS
LUMEN .
Colección: NARRATIVA
544 páginas

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Tres metros sobre el cielo




Tres metros sobre el cielo é unha comedia romántica e un retrato da efémera adolescencia. A novela ten unha historia moi especial: foi publicada por primeira vez en 1992 nunha edición mínima pagada polo propio autor que se esgotou inmediatamente. Fotocopiada unha e outra vez, circulou de man en man ata que se reeditou en 2004, converténdose nun espectacular éxito de vendas.

TRES METROS SOBRE EL CIELO

FEDERICO MOCCIA (Ed. DeBolsillo).

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

El curiosos incidente del perro a medianoche

.

O curioso incidente do can a media noite é unha novela que non se parece a ningunha outra. Eloxiada con entusiasmo por autores consagrados como Oliver Sacks e Ian McEwan, mereceu a aprobación masiva dos lectores en todos os países onde se publicou, ademais de galardóns como o Premio Whtibread e o Premio da Commonwealth . O seu protagonista, Christopher Boone, é un dos máis orixinais que xurdiron no panorama da narrativa internacional nos últimos anos, e está destinado a converterse nun heroe literario universal. Aos seus quince anos, Christhoper Boone, coñece as capitais de todos os países do mundo, pode explicar a teoría da relatividade e recitar os números primos ata o 7.507 pero cústalle relacionarse con outros seres humanos. Gústanlle as listas, os esquemas e a verdade, pero odia o amarelo, o marrón e o contacto físico. Se ben nunca foi só máis alá da tenda da esquina, a noite que o can da veciña aparece morto, Christopher decide atopar ao culpable.
.
EL CURIOSO INCIDENTE DEL PERRO A MEDIANOCHE
de HADDON, MARK
SALAMANDRA PUBLICACIONES Y EDICIONES, S.A.


O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIA NOITE HADDON, MARK
RINOCERONTE EDITORA S.L.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

CREPÚSCULO

Crepúsculo
Stephanie Meyer
Este libro me gusto mucho y su lectura se me hizo muy amena. La temática romántica hace que el lector se "enganche" y el misterio está presente en toda la novela. Recomiendo su lectura sobre todo a las adolescentes ya que se pueden sentir más identificadas con la protagonista.
Nere

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

MI GATO ANGUS, EL PRIMER MORREO Y EL PLASTA DE MI PADRE

Mi gato Angus, el primer morreo y el plasta de m padre.
Louise Rennison
Elegí el libro porque me interesó mucho el tema y lo encontré divertido. Me gustó leer como la protagonista compite con sus amigas para que no le quitaran a un chico guapísimo que conoció. También está muy bien contado cuando quedan los dos solos y ese día fue el mejor de us vida porque había dado su primer beso. A partir de entonces la chica no se enfada tan a menudo, era más positiva consigo mmisma y se porta mejor con sus padres.
lAURA
3º eso

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS

El niño con el pijama de rayas
John Boyne
Se trata de un libro muy entretenido y fácil de leer, pero que al mismo tiempo hace reflexionar. Refleja las vivencias de un niño alemán que vive al lado de un campo de concentración en la época nazi. Me encantó esta obra aunque tenga un desenlace dramático.
Teresa
4º ESO

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

AUDREY HEPBURN. LA BIOGRAFÍA

Audrey Hepburn.La Biografía.
Donald Spoto.
Muy buen libro. Imprescindible si lo quieres saber todo sobre la maravillosa Audrey Hepburn. Puede que te aburra un poco si no estas acostumbrado a leer biografias.
Con fotos icluidas!!
Jacobo

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

ESKORIA. ALFREDO GÓMEZ CERDÁ

ESKORIA
Alfredo Gómez Cerdá

Gustoume moito este libro porque fala do acoso escolar, e paréceme moi importante saber máis cousas sobre este tema xa que é un problema da nosa idade e deberíamos saber qué facer se nos atopamos no caso do protagonista da historia.
Cristina 2º ESO

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

LA MANDRÁGORA. LAURA GALLEGO

LA MANDRÁGORA. Laura Gallego
Gustoume este libro porque a historia relátase en tempos da Idade Media,e en xeral estes libros de misterio ambientados nesa época sónme moi entretidos de ler.Os personaxes tamén foron unha das cousas que máis me gustou, xa que cada personaxe ten cualidades distintas dos demáis e cada un confórmase co que ten e aprende a vivir coas súas limitacións. Sara 2ºESO.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

UNA UNIVERSIDAD PARA LOS NIÑOS

Una universidad para los niños
Ulrich Jansen. Ulla Steuernagel
O libro gustoume moito. As preguntas son bastante interesantes, e o libro as contesta dunha forma fácil e divertida. Gustoume especialmente o capítulo sobre a clonación, está cheo de metáforas moi curiosas e que fan máis fácil a comprensión, anque tamén é interesante o que está titulado "¿Porqué yo soy yo?".
Alberto 1º D

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS