Labels

RSS

Tres metros sobre el cielo




Tres metros sobre el cielo é unha comedia romántica e un retrato da efémera adolescencia. A novela ten unha historia moi especial: foi publicada por primeira vez en 1992 nunha edición mínima pagada polo propio autor que se esgotou inmediatamente. Fotocopiada unha e outra vez, circulou de man en man ata que se reeditou en 2004, converténdose nun espectacular éxito de vendas.

TRES METROS SOBRE EL CIELO

FEDERICO MOCCIA (Ed. DeBolsillo).

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

El curiosos incidente del perro a medianoche

.

O curioso incidente do can a media noite é unha novela que non se parece a ningunha outra. Eloxiada con entusiasmo por autores consagrados como Oliver Sacks e Ian McEwan, mereceu a aprobación masiva dos lectores en todos os países onde se publicou, ademais de galardóns como o Premio Whtibread e o Premio da Commonwealth . O seu protagonista, Christopher Boone, é un dos máis orixinais que xurdiron no panorama da narrativa internacional nos últimos anos, e está destinado a converterse nun heroe literario universal. Aos seus quince anos, Christhoper Boone, coñece as capitais de todos os países do mundo, pode explicar a teoría da relatividade e recitar os números primos ata o 7.507 pero cústalle relacionarse con outros seres humanos. Gústanlle as listas, os esquemas e a verdade, pero odia o amarelo, o marrón e o contacto físico. Se ben nunca foi só máis alá da tenda da esquina, a noite que o can da veciña aparece morto, Christopher decide atopar ao culpable.
.
EL CURIOSO INCIDENTE DEL PERRO A MEDIANOCHE
de HADDON, MARK
SALAMANDRA PUBLICACIONES Y EDICIONES, S.A.


O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIA NOITE HADDON, MARK
RINOCERONTE EDITORA S.L.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS