Labels

RSS

La fuente de las vestales



Un avogado romano vaise ver obrigado a exercer de detective para descubrir quen asasinou á súa nai na Roma do século I a. de C. Neste libro Titus Flaminius coñecerá o mundo refinado das vestales e tamén os sucios e escuros suburbios de Roma. Trazado cun excelente ritmo narrativo no que a información sobre a cultura e a civilización romana non perturban o fío do relato, as sorpresas están aseguradas e o final resulta moi sorprendente.




TITUS FLAMINIUS.
LA FUENTE DE LAS VESTALES

JEAN-FRANCOIS NAHMIAS
Edelvives

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

La ladrona de libros


Érase unha vez un pobo onde as noites eras longas e a morte contaba a súa propia historia. No pobo vivía unha nena que quería ler, un home que tocaba o acordeón e un novo xudeu que escribía contos fermosos para escapar do horror da guerra. Ao cabo dun tempo, a nena converteuse nunha ladroa que roubaba libros e regalaba palabras.

A pequena Liesel enfróntase á Segunda Guerra Mundial. Arrastra un pasado tormentoso que a perseguirá durante toda a historia. Eses recordos familiares atormentan o seu sono diario. É neses momentos onde se forxa a súa grande amizade co seu novo pai. É nesas horas onde aprenderá a ler e a gozar coas palabras
.
.
LA LADRONA DE LIBROS
ZUSAK, MARKUS
LUMEN .
Colección: NARRATIVA
544 páginas

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS